InicioOccidentalOurolO PSOE presenta un conxunto de iniciativas parlamentarias para que se cubra...

O PSOE presenta un conxunto de iniciativas parlamentarias para que se cubra a praza de médico en Ourol

O alcalde de Ourol, Jose Luis Pajón, dixo “levamos dende fai un mes denunciando publicamente os constantes recortes do PP no noso centro de saúde, onde só traballa un facultativo que actualmente está de baixa".

Publicada o

- Advertisement -

Os socialistas presentaron unha batería de iniciativas parlamentarias para demandar á Xunta que cubra de xeito inmediato, a baixa do único médico do centro de saúde de Ourol. Así o anunciaron hoxe a Deputada Autonómica, Patricia Otero e o Alcalde de Ourol, Jose Luis Pajón, ante o deterioro da asistencia médica do Concello, xa que a maior parte da semana a veciñanza de Ourol carece de atención do seu médico de cabeceira.

O rexedor dixo “levamos dende fai un mes denunciando publicamente os constantes recortes do PP no noso centro de saúde, onde só traballa un facultativo que actualmente está de baixa. Chamei a Sanidade e ao Conselleiro e seguimos si ter unha solución nin unha resposta convincente a esta situación”. Ademais lembra que nesta mesma semana a veciñanza só contou co médico presencialmente o martes e xoves, e os tres días restantes só houbo atención telefónica dende Lugo para baixas e receitas.

A Deputada Autonómica, Patricia Otero advertiu que “unha vez máis comprobamos como o Sergas só pon parches e ademais abdica responsabilidades, xa que se non hai médicos, algo terá que ver a súa nula planificación e previsión en política de persoal na atención primaria nos últimos 13 anos de goberno popular”.

Puntualiza ademais que “esta situación dáse nun concello, o de Ourol, onde máis do 50 % da súa poboación son maiores de 65 anos, e nun concello rural, os cales están acostumados a que a Xunta de Galicia recorte constantemente servizos públicos, tan necesarios estes para poder fixar poboación”, insistiu.

Otero explica tamén que rexistrou estas iniciativas no Parlamento de Galicia“ xa que esta situación acontece dende principios do mes de abril, como xa denunciou o seu Alcalde, e que previsiblemente se estenda no tempo. Por iso quere preguntar en sede parlamentaria si o Goberno galego vai cubrir, de xeito inmediato, a baixa do único médico do centro de saúde de Ourol?”, dixo.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...