InicioM.ambiente e PatrimonioOurol, capital do veganismo en Galicia

Ourol, capital do veganismo en Galicia

Inaugurado un complexo integrado por sete inmobles, 31 prazas de aloxamento e no seu restaurante unha carta 100% vexetal.

Publicada o

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este martes na inauguración en Ourol do que será “o primeiro complexo de turismo rural vegano de Galicia”, que estará integrado por sete inmobles, contará con 31 prazas de aloxamento e terá no seu restaurante unha carta 100% vexetal.

Alí, Rueda agradeceu á promotora, Hardly Pascale, que apostase por un proxecto que “supón devolver a vida a unha aldea que levaba abandonada máis de 30 anos”.

Así mesmo, o presidente da Xunta reivindicou que “o turismo rural e sustentable está en auxe en Galicia” e é “un destino de referencia”. A pesar disto, sinalou que é necesario “seguir impulsando iniciativas innovadoras para revitalizar as aldeas”.

Ademais, subliñou que Galicia ten “un verdadeiro potencial nas súas aldeas, con natureza, paisaxes e lugares e establecementos turísticos de excelencia”. Neste sentido, puxo en valor que dos 31 aloxamentos rurais que teñen o distintivo Q de calidade Turística en España o 61% están en Galicia.

OCUPACIÓN, ENTRE O 75 E O 90%

Sobre ocupación turística, Rueda destacou as “boas previsións”, cunha media do 75-90% entre xullo e agosto, despois de que nos primeiros cinco meses do ano se rexistrasen 1,7 millóns de viaxeiros aloxados e se selasen 159.000 compostelás.

Así,  quixo mostrar “o apoio da Xunta ao turismo como un dos motores para dinamizar a economía e o emprego rural”. Nesta mesma liña, a Xunta detallou a liña de axudas para a mellora de infraestruturas de establecementos turísticos, as achegas a concellos de ata 10.000 habitantes para a recuperación de recursos turísticos, os acordos coa Federación Galega de Turismo Rural para impulsar as reservas en liña, aos plans de Sustentabilidade Turística en Destino ou a creación de ‘Xeodestinos’.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...

O Concello de Viveiro sinala que non ten previsto retirar axudas a clubes deportivos

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, aclara que o concello non ten en ningún...