O alcalde de Ourol asegura que o incendio que calcinou 6 hectáreas foi intencionado

José Luís Pajón certificou que o que ardeu "foi todo monte raso, non houbo ningún perigo para ningunha vivenda".

José Luis Pajón (esq) co presidente da Deputación de Lugo, José Tomé.

O alcalde de Ourol, José Luís Pajón, asegurou que o incendio que o pasado luns calcinou seis hectáreas na parroquia de Ambosores foi “intencionado”. O lume quedou extinguido ás 22,30 horas do luns despois de iniciarse no mediodía do luns en “tres focos diferentes”, segundo trasladou a Consellería do Medio Rural.

Para o rexedor, “ten toda a pinta” de que o incendio foi provocado, aínda que matizou que isto “o terán que determinar os técnicos competente”. “Pero vese que foi totalmente intencionado con tres focos á beira da estrada”, apostilou. “Por aquí non houbo treboadas. Eu creo que foi intencionado, nesa zona xa houbo tres intentos máis no que vai de ano. De momento saíulles mal”, celebrou.

O alcalde de Ourol certificou que o que ardeu “foi todo monte raso, non houbo ningún perigo para ningunha vivenda”. “Foi ao mediodía e a reacción foi rápida polos medios de extinción, con motobombas, brigadas e medios aéreos, onte contabilizamos cinco helicópteros e un hidroavión”, detallou.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here