InicioSucesosAparece unha ovella colgada duns cables eléctricos sobre a estrada en Ourol

Aparece unha ovella colgada duns cables eléctricos sobre a estrada en Ourol

Todo apunta a que se trata dunha forma de protesta ante os ataques dos lobos.

Publicada o

- Advertisement -

Unha ovella morta e colgada do tendido eléctrico apareceu este sábado na estrada LU-540 (Viveiro-Cabreiros), á altura de Cabalar, no concello de Ourol, e a uns 500 metros do núcleo urbano. Deste suceso deu conta na tarde do sábado a rede Social Drive a través de Twitter, onde os condutores se informan a tempo real de controis, radares e outras incidencias.

Trátase da terceira vez que colgan unha ovella morta no municipio de Ourol. Aconteceu anteriormente en xullo de 2021 e tamén a mediados do mes pasado nunha ponte en Merille. Desa vez, ao carón do cadáver do animal podían lerse as palabras “Perigo lobo”. Así, todo apunta a que se trata dunha forma de protesta ante os ataques destes animais.

Con todo, neste último caso ningún símbolo ou pintada vincula o suceso, que chamou a atención dos condutores que pasaban pola estrada, a algún tipo de reivindicación. Pénsase que quen colgou o animal tivo que facelo na madrugada do sábado coa axuda dalgún tipo de vehículo co que elevar e enganchar o cadáver polas patas traseiras aos cables do tendido eléctrico.

ÚLTIMAS

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...

O servizo de recollida de residuos orgánicos comezará en Viveiro o día 18 de decembro

O Concello de Viveiro informa á cidadanía de que o vindeiro día 18 de...

O Concello de Ribadeo sinala que non subirá as taxas da auga e do lixo

Ribadeo non subirá o recibo da auga e do lixo. Así o asegura Marta...