InicioOccidentalOurolO PP acusa á Deputación de Lugo de marxinar a Ourol ...

O PP acusa á Deputación de Lugo de marxinar a Ourol e ao alcalde de “falta de peso” no PSOE

O PP de Ourol declara que ante o atraso na roza das beiras de pistas e camiños, "a Deputación tenta facer responsable á empresa" encargada.

Publicada o

- Advertisement -

O portavoz do PP de Ourol, José Hermida, sinala nunha nota de prensa que “foi quedando totalmente claro que a capacidade de xestión presidente da Deputación de Lugo, José Tomé é moi escasa”. Xunto a isto, Hermida considera que o goberno provincial desatende concellos mesmo gobernados  polo PSOE.

Hermida pon como exemplo da desatención que menciona “que a deputación aínda esta comezando os traballos de roza nas estradas provinciais a estas alturas do ano”. Ante esta situación, o portavoz popular en Ourol declara que o alcalde, o socialista José Luis Pajón “carece de peso no PSOE e que o presidente da Deputación non o ten en conta”.

Para o portavoz popular, “é moi grave que a roza non se levara a cabo ata agora, porque supón crear riscos absolutamente innecesarios”. Entre os riscos apuntados están “o risco para o tráfico rodado e peonil, porque en moitos puntos a maleza limitaba e limita moito a visibilidade”.

No PP cren que o goberno provincial intenta facer responsable do retraso á empresa encargada dos traballos.

ÚLTIMAS

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...

O servizo de recollida de residuos orgánicos comezará en Viveiro o día 18 de decembro

O Concello de Viveiro informa á cidadanía de que o vindeiro día 18 de...

O Concello de Ribadeo sinala que non subirá as taxas da auga e do lixo

Ribadeo non subirá o recibo da auga e do lixo. Así o asegura Marta...