InicioOccidentalViveiroA XXII Carreira Popular Concello de Viveiro-Memorial disputarase o sábado 31...

A XXII Carreira Popular Concello de Viveiro-Memorial disputarase o sábado 31 de decembro

“Dende o Concello de Viveiro estamos moi ledos de volver presentar esta Carreira Popular, que xa forma parte da nosa axenda deportiva anual. Agradezo o esforzo dos clubs do municipio polo gran labor que realizan en prol de promocionar o deporte e a saúde”, subliña María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro presentou hoxe a vixésimo segunda edición da Carreira Popular Concello de Viveiro-Memorial Julián Bernal, unha proba que se disputa o vindeiro sábado 31 decembro organizada polo CD Egovarros-Viveiro, en colaboración co Concello e a Deputación de Lugo.

Dende o Concello de Viveiro estamos moi ledos de volver presentar esta Carreira Popular, que xa forma parte da nosa axenda deportiva anual. Agradezo o esforzo dos clubs do municipio polo gran labor que realizan en prol de promocionar o deporte e a saúde”, subliña María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.

O prazo de inscrición remata o mércores día 28 e as solicitudes pódense facer a través do teléfono 982 598 160 ou no email: egovarros@gmail.com. O custo da inscrición é de 5 euros no caso da carreira absoluta e de balde para os menos de 13 anos.

O ingreso da contía será a través do número de conta: ES08 2100 4330 6201 0016 2606 e haberá que engadir o xustificante no email da inscrición.

A saída desta proba senlleira xa na vila será ás 16:00 horas dende a Praza Maior para as categorías menores que estarán divididas en tres grupos: de 0 a 7 anos, de 8 a 10 e de 11 a 13. Nestas categorías entregarase trofeo aos 3 primeiros clasificados e unha medalla a todos os participantes.

Ás 17:00 horas será a quenda da categoría absoluta, tamén dende a Praza Maior, recibindo os gañadores, tanto en categoría feminina como masculina, un lacón; os segundos clasificados un queixo e os terceiros unha ristra de chourizos.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...