InicioPolíticaO PP ve "inadmisible e inxustificable" que Viveiro siga sen ter un...

O PP ve “inadmisible e inxustificable” que Viveiro siga sen ter un centro de día na Residencia

O portavoz popular, Óscar Rodríguez, sinala que "Viveiro perde servizos continuamente e non é admisible que un que ten dereito a ter non o teña porque o goberno local non traballa, non se interesa polos asuntos do municipio".

Publicada o

- Advertisement -

O mandato municipal chega ao seu final e nada se sabe da creación do centro de día na residencia da terceira idade. Tamén neste sentido, outro ano perdido para conseguir para Viveiro un servizo de gran importancia e moi demandado, segundo indica o portavoz popular, Óscar Rodríguez. Sinala: “Non hai un campo da xestión municipal na que non estea sobradamente demostrada a estas alturas a incapacidade de xestión da alcaldesa, María Loureiro, e do seu equipo. Que a estas alturas Viveiro non teña ese centro de día é totalmente inadmisible e inxustificable”.

Rodríguez lembra que o 9 de abril do 2008 firmouse un convenio de colaboración entre o Concello de Viveiro e Sogaserso para a construción e explotación dun equipamento xeriátrico en terreos cedidos polo Concello de Viveiro. No acordo establecíase que tería 150 prazas residenciais e aproximadamente 50 de centro de día. Posteriormente, no pleno do 5 de febreiro de 2010 aprobouse unha modificación de dito convenio, que nun dos seus puntos queda así: “O equipamento xeriátrico construído nos terreos cedidos de forma gratuíta é única e exclusivamente un centro de atención a persoas maiores integrado por unha residencia e un centro de día, cuxo funcionamento axustarase á normativa aplicable a esta clase de centros e que ten como fin esencial favorecer o colectivo de persoas maiores do municipio de Viveiro”. Rodríguez destaca que cando se levou a cabo este cambio, xa era concelleiros tanto Loureiro como o actual tenente de alcalde; polo tanto, a alcaldesa en ningún caso pode alegar ignorancia sobre o contido do convenio.

Para Rodríguez, como xa sinalou en anteriores ocasión con respecto a este asunto, “é inadmisible, inxustificable e intolerable a pasividade do goberno local”. Engade: “Viveiro perde servizos continuamente e non é admisible que un que ten dereito a ter non o teña porque o goberno local non traballa, non se interesa polos asuntos do municipio. É un servizo moi importante nunha sociedade cada vez máis envellecida”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...