InicioPolíticaO BNG de Viveiro reclama ao Concello o arranxo e mellora da...

O BNG de Viveiro reclama ao Concello o arranxo e mellora da zona de Verxeles

O BNG destaca a "baixa visibilidade que teñen os vehículos cunhas entradas e saídas que non se colle en ambas direccións".

Publicada o

- Advertisement -

A portavoz do BNG en Viveiro, Míriam Bermúdez reclamou a mellora da zona de Verxeles. Segundo os nacionalistas, a formación xa rexistrara hai un ano unha moción en pleno para cambiar a situación desta zona que cualificaban “de abandono”.

Engadían tamén a falta de planificación nas poucas actuacións no lugar, traendo como resultado “un lamentábel e perigoso estado das beirarúas, esvaradías e totalmente irregulares en anchura e desnivel”.

Míriam Bermúdez destacou ademais a “baixa visibilidade que teñen os vehículos cunhas entradas e saídas que non se colle en ambas direccións, sen visibilidade e que provocan encontros repentinos e inesperados.” Bermúdez engade a isto “o descontento da veciñanza pola ubicación dos colectores do lixo, ao lado da fonte de Xunqueira e os bancos, nos que se reúnen as persoas tendo que aguantar malos olores ademais da contaminación visual que provocan.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...