A Asociación de Veciños do Casco Histórico de Viveiro pide abordar “competencias municipais” co Concello e non só de seguridade

A AA.VV di non querer entrar "no xogo político xa que o problema nace e se enquista por non querer recoñecelo e abordalo desde o Concello".

Vivendas no casco histórico viveirense. AXM

A AAVV do Casco Histórico de Viveiro sinala nun comunicado de prensa que foi convocada para unha reunión coa alcaldía este 4 de xaneiro para abordar o tema do botellón e ruídos na zona histórica da vila.

No mesmo comunicado, a Asociación destaca que “a alcaldesa respostou o día 2 de xaneiro desbotando da orde do día todas as cuestións de competencia municipal”, centrando a reuniónen temas “relacionados coa seguridade”. A Asociación sinala terse reunido xa coa policía en “múltiples reunións”, a última delas o pasado 26 de decembro “en que lle manifestamos peticións concretas”.

A AA.VV di non querer entrar “no xogo político xa que o problema nace e se enquista por non querer recoñecelo e abordalo desde o Concello”. Apuntan tamén que o descanso e a proteción do patrimonio e negocios está por encima de calquera interese.

Por último, descúlpanse coa subdelegada do Goberno e cos representantes dos Corpos de Seguridade, “avisados co tempo que nos permitiu a resposta da alcadía, por ter que declinar o convite á xuntanza”. Finalmente,  piden que a alcaldesa responda por escrito ás demandas que se lle enviaron nun documento rexistrado nas instalacións municipais.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here