InicioOccidentalViveiroO PP de Viveiro cualifica de inexplicable que o Concello non ofrecera...

O PP de Viveiro cualifica de inexplicable que o Concello non ofrecera aínda un terreo para a residencia de ASPANANE

O portavoz do PP de Viveiro, Óscar Rodríguez, considera este feito demostrativo da "falta de peso político da alcaldesa de Viveiro en relación co Goberno de Pedro Sánchez".

Publicada o

- Advertisement -

O PP de Viveiro envía un comunicado onde destaca a posibilidade de que as futuras instalacións da Asociación de Pais e Nais de Persoas con Discapacidade Intelectual (ASPANANE) se asenten nun municipio próximo a Viveiro.

En concreto, o PP viveirense apunta á posibilidade de que sexa o Concello de Xove o que ceda un terreo no prazo de dous meses para a instalación. Así o deu a coñecer esta mañá en rolda de prensa o portavoz do PP de Viveiro, Óscar Rodríguez, que cualifica de inexplicable e inxustificable a actitude do goberno local.

Rodríguez explicou: “O Concello de Viveiro leva dende o ano 2019 tratando de conseguir un terreo ou un edificio para a residencia de Aspanane; estamos no 2023 e o goberno de Viveiro, presidido pola socialista María Loureiro, é incapaz de resolver este problema acuciante, urxente”.

Rodríguez engade tamén que ante o posible traslado ao edificio da antiga escola de Celeiro é complicado dado que a súa pertenza é da Tesourería da Seguridade Social, “que reclamaba case 800.000 euros”. O voceito do PP viveirense considera isto un agravio comparativo “en tanto que tanto a Casa do Mar de Vicedo, hoxe centro de día, e o edificio da gardería de San Cibrao foron cedidos a custo cero”. 

Estes dous últimos exemplos demostran” a falta de peso político da alcaldesa de Viveiro en relación co Goberno de Pedro Sánchez. Xa se falaba no 2019 dun preconvenio para a adecuación do inmoble a tres bandas: Xunta, Deputación e Concello”.

Os populares destacan que, “á vista de que o primeiro intento non funcionou, intentaron a cesión dunha parcela en Lavandeiras, pero ocorre que só pode ser cedida para un uso público e Aspanane é unha entidade privada”.

Rodríguez declarou ademais que “como Aspanane xa non pode esperar máis, púxose en contacto con concellos do entorno e o de Xove comprometeuse a ter solventada a cesión dun terreo en dous meses”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...