InicioOccidentalViveiroA empresa Viaqua fixo a súa tradicional entrega de xoguetes polo Nadal...

A empresa Viaqua fixo a súa tradicional entrega de xoguetes polo Nadal ao Concello de Viveiro

Os xoguetes doados por Viaqua serán entregados aos nenos e nenas de ata 12 anos que forman parte dos diferentes programas de atención.

Publicada o

- Advertisement -

A empresa concesionaria do servizo de auga municipal, Viaqua, fixo entrega dun lote de xoguetes ao Concello de Viveiro continuando así con esta tradición.

Á recepción dos agasallos asistiron, ademais de representantes da empresa na vila, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e persoal dos Servizos Sociais do concello.

Os xoguetes doados por Viaqua serán entregados aos nenos e nenas de ata 12 anos que forman parte dos diferentes programas de atención que se levan a cabo ao longo do ano dende os Servizos Sociais do Concello de Viveiro e que atenden as necesidades económicas, de educación, lecer e dan apoio psicopedagóxico ás familias.

“Dende o Concello de Viveiro non podemos estar máis agradecidos a Viaqua por doar estes xoguetes un ano máis, e por manter unha colaboración que fala do compromiso desta empresa coa veciñanza da nosa vila nunha época do ano tan especial para todos, pero en especial, sen dúbida, para os máis pequenos”, subliñou a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

ACISA Ribadeo suma case 30 novos asociados en 2023

Acisa Ribadeo suma case 30 novos negocios asociados neste ano 2023, cifra record de...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...