InicioOccidentalViveiroO BNG de Viveiro non puido seguir o pleno de xaneiro telematicamente...

O BNG de Viveiro non puido seguir o pleno de xaneiro telematicamente o que “constata as denuncias sobre as deficiencias de audio”

Segundo o BNG de Viveiro: "está claro que non se garante a transparencia e información que merece a veciñanza".

Publicada o

- Advertisement -

A concelleira do BNG, Míriam Bermúdez, indicou que lle foi imposible seguir o pleno municipal de xaneiro telematicamente “constatando así as denuncias do BNG a este respecto”. Segundo o BNG viveirense tense pedido en “reitaradas ocasións” mellorar as deficiencias de audio que, segundo os nacionalistas, se dan na retransmisión dos plenos e que impiden á veciñanza “acceder á información que se debate neles”.

“Dificilmente se poden seguir as gravacións plenarias e polo tanto máis díficil é se cabe poder debater sobre os temas de maneira telemática”, segundo a portavoz municipal do BNG. Bermúdez declarou isto despois de conectarse telematicamente no pleno do 10 de xaneiro “sen posibilidade de seguir o debate correctamente”. 

A representante do BNG apunta non poder oír as intervencións dos portavoces, tampouco intervir nos puntos e moito menos expoñer as súas iniciativas. “Por que insisten en afirmar en que a plataforma dos vídeoplenos funciona correctamente? Cal será o interese do equipo de goberno? “

O BNG viveirense denuncia a deficiencia deste servizo que impide que a cidadanía poida seguir os debates de maneira online, “está claro que non se garante a transparencia e información que merece a veciñanza”. “É evidente que prefiren a ocultación antes que a información” asegura Míriam Bermúdez.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...