InicioOccidentalViveiroViveiro renova o firme de varios camiños e amplía a rede de...

Viveiro renova o firme de varios camiños e amplía a rede de saneamento de Brieiro

O orzamento de execución por contrato, segundo proxecto, ascende a 51.554,83 euros. Esta obra inclúese no Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2022 da Deputación de Lugo.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro informa que xa está a executar as obras de reposición do firme e a ampliación da rede de saneamento no lugar de Brieiro, na parroquia de Faro. As actuacións céntranse no Camiño do Fultreiro, no Camiño da Fatiga e no Camiño da Cruz.

A actuación prevista polo Concello consiste na ampliación da rede de saneamento dun tramo da subida da estrada de Faro a Brieiro, así como na reposición do firme de aglomerado. Tamén se dotará de sinalización vial e actuará no saneamento da rede de sumidoiros deteriorados.

“Un paso máis no noso plan municipal de mellora continua dos servizos e infraestruturas públicas, tanto no casco urbano como nas parroquias, dando resposta ademais ás demandas veciñais”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

O orzamento de execución por contrato, segundo proxecto, ascende a 51.554,83 euros. Esta obra inclúese no Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2022 da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

Retrasarase a ampliación da balsa de lodos de Alcoa?

O comité de Alcoa informa de que "faltan algunhas aprobacións" da Xunta para a luz verde á ampliación...

O Concello de Viveiro leva aos institutos as actividades do 25N

A programación do Concello de Viveiro con motivo do 25N, o Día Internacional da...

Burela informará o venres á hostalaría local sobre o a implantación do contedor marrón

O Concello de Burela está a preparar a implantación do contedor marrón de...

O Concello de Burela tratará no pleno ordinario a aprobación dunha nova ordenanza de tráfico

O Concello de Burela celebra mañá, xoves día 30 de novembro, un novo pleno...