InicioOccidentalViveiroO PP de Viveiro escolle á candidata para as eleccións municipais, Mariña...

O PP de Viveiro escolle á candidata para as eleccións municipais, Mariña Gueimunde

A candidata trasladou o seus agradecementos por asistir á proclamación da súa candidatura e a aposta pola renovación dun equipo “que conta cun proxecto comprometido con Viveiro”.

Publicada o

- Advertisement -

Mariña Gueimunde González é a candidata do PP de Viveiro para recuperar a alcaldía. A presentación da candidata tivo lugar onte pola tarde no Salón Covas do Hotel Thalassos Las Sirenas nun acto entre afiliados e simpatizantes do partido no que tamén participaron membros da dirección provincial, o coordinador xeral, José Manuel Balseiro Orol, o secretario xeral do partido, Javier Vázquez Nodal, entre outros.

Desde a dirección provincial destacan que “aspiramos a conseguir a alcaldía”. Balseiro subliñou que “levamos o mesmo tempo sen gobernar que o que estivemos no goberno, é unha boa oportunidade para que os veciños comparen a xestión nefasta que hai neste momento coa xestión eficiente que fixo o Partido Popular en todos os anos que gobernou”. Neste sentido, o coordinador destacou que “todas as inversións importantes que se fixeron en Viveiro teñen a etiqueta do Partido Popular, tanto cando gobernou no municipio, como os investimentos da Xunta de Galicia nos últimos anos”.

A candidata trasladou o seus agradecementos por asistir á proclamación da súa candidatura e a aposta pola renovación dun equipo “que conta cun proxecto comprometido con Viveiro”. O obxectivo principal para Gueimunde, que conta co apoio do comité local e da dirección provincial, é o de recuperar a alcaldía e volver a gañar a confianza dos veciños e veciñas do municipio para dar resposta as súas necesidades e ser unha alternativa real de cara as próximas eleccións municipais.

“Viveiro necesita dunha rehabilitación estrutural para recuperar a súa grandeza, neste momento contamos cun equipo de goberno que está a cambiar as cousas a peor, e por iso, vamos a traballar con ilusión, humildade e seriedade para lograr uns resultados favorables”, engade a popular.

Gueimunde conta co respaldo da dirección provincial e co respecto dos veciños e veciñas do municipio, que a coñecen pola súa faceta profesional de profesora, profesión que exerce desde fai máis de 20 anos. A candidata leva unida ao partido moitos anos e xa formou parte da oposición desde o 2007 ata 2015 como concelleira do PP. En abril do 2008, converteuse na primeira muller senadora pola provincia, un cargo que ostentou ata setembro de 2011. Ademais, desde o ano 2014 foi xefa territorial de educación na provincia de Lugo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...