A alcaldesa de Viveiro dá a benvida a Begoña Caínzos, nova inspectora xefe da comisaría da Policía Nacional

“Viveiro é afortunadamente un municipio cun baixo nivel de delincuencia grazas á labor diaria das forzas e corpos de seguridade e a colaboración entre eles”, engadiu a alcaldesa de Viveiro.


A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, recibiu esta mañá no concello á nova inspectora xefe da Comisaría de Policía Nacional de Viveiro, María Begoña Caínzos Piñeiro.

O encontro serviu de presentación oficial tralo seu nomeamento este mesmo mes de xaneiro, e tanto a rexedora como María Begoña Caínzos amosaron a súa total disposición para manter os lazos de colaboración entre ambas institucións, que redundan no servizo á cidadanía.

“A seguridade dos veciños e veciñas de Viveiro é unha prioridade para este Goberno”, subliñou María Loureiro, quen insiste na excelente relación que existe entre o Concello e a Policía Nacional, “baseada na cordialidade e na axuda mutua, traballando sempre en beneficio da nosa veciñanza”.

“Viveiro é afortunadamente un municipio cun baixo nivel de delincuencia grazas á labor diaria das forzas e corpos de seguridade e a colaboración entre eles”, engadiu a alcaldesa de Viveiro.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here