O BNG de Viveiro reclama iniciativas municipais para a posta en valor de todo o patrimonio histórico e cultural do concello

Sinala ademais que non se conta cun centro de interpretación nin museo e “non será por non ter patrimonio que mostrar".


O BNG pide ao Concello de Viveiro realizar inciativas para “poñer en valor o gran potencial co que se conta a nivel de patrimonio histórico-cultural”. Sinala ademais que non se conta cun centro de interpretación nin museo e “non será por non ter patrimonio que mostrar”.

Os nacionalistas piden poñer en valor o patrimonio viveirense creando centros de interpretación patrimonial. Estes mesmos centros poderían dar pé á fundación dun museo.

A voceira local do BNG, Míriam Bermúdez, puntualiza que “estes centros poderían estar instalados nalgún edificio do Casco Histórico e tamén fóra del”. De materializarse, deberían ser feitos “sempre dende unha perspectiva de rehabilitación e dinamización”. A isto engadfe que os futuros museos e demais instalacións poderían ser “visitados dentro das actividades de visitas turísticas, culturais ou escolares.”

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here