Por Viveiro pide ao goberno municipal que explique o atraso na restauración de árbores no parque Pernas Peón

Parque Pernas Peón, corta de árbores. AXM

O grupo municipal Por Viveiro presentou un escrito baseándose na actuación municipal durante a primavera do ano 2018  cando se decidiu cortar parte das arbores existentes no parque Pernas Peón, “tala que podemos considerar necesaria, mais tamén excesiva, pouco planificada e de nulo rendemento económico para as arcas do Concello”.

Segundo o escrito de Por Viveiro, logo de máis de catro anos de inactividade de replantación, “foi anunciado un proxecto de recuperación do parque, orzamentado en mais de 1.200.000 euros, proxecto que ten tanto de ambicioso, como de difícil realización, agás que se acaden abondosos fondos externos“.

Apuntan tamén que recentemente o Concello realizou a plantación de 14 arbores, e anuncia outras 4 para a primavera. “Tendo en conta que a tala do ano 2018 foi de máis de 120 arbores, en Por Viveiro consideramos a recente actuación escasa e tardía”.

Por todo o exposto, “rogamos ao equipo de Goberno a explicación en pleno das causas da demora da plantación feita recentemente e dos prazos que se marca para a recuperación total do parque Pernas Peón para uso e desfrute dos veciños e veciñas”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here