InicioOccidentalViveiroEsta fin de semana comeza o programa cultura de Viveiro coa representación...

Esta fin de semana comeza o programa cultura de Viveiro coa representación de “N.E.V.E.R.M.O.R.E.”

O Concello de Viveiro inicia o seu programa para este semestre no Teatro Pastor Díaz, no que se ofrecerán espectáculos a prezos reducidos, co obxectivo de achegar a cultura a toda a cidadanía.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro inicia este sábado, 11 de febreiro, a programación cultural do primeiro semestre do ano, coa aclamada obra teatral N.E.V.E.R.M.O.R.E. A peza é unha coprodución da compañía teatral Chévere e o Centro Dramático Nacional, mentres que a dramaturxia e a dirección están a cargo de Xron.

Esta obra teatral recorda a traxedia do Prestige co obxectivo de que este capítulo da historia galega non caia no esquecemento. A peza, con melodías do cancioneiro tradicional galego, acude á memoria colectiva do pobo galego, quen no ano 2002 fixo fronte a unha terrible catástrofe.

A cita será ás 20:30 no Teatro Pastor Díaz. As entradas poden adquirirse a un prezo de 5€ (3€ estudantes e xubilados/as) na propia taquilla do teatro de luns a venres de 9:00 a 14:00, no teléfono 982560162 ou no e-mail rbg.cultura@viveiro.es.

Con esta peza, o Concello de Viveiro inicia o seu programa para este semestre no Teatro Pastor Díaz, no que se ofrecerán espectáculos a prezos reducidos, co obxectivo de achegar a cultura a toda a cidadanía.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...