InicioOccidentalViveiroO BNG de Viveiro pide a creación da comisión sobre o proxecto...

O BNG de Viveiro pide a creación da comisión sobre o proxecto “Viveiro Ciclábel”

Desde o Bloque viveirense piden convocar na maior brevidade ao equipo de goberno, unha Comisión de estudo e seguemento para acordar liñas de actuación que favorezan un Viveiro ciclábel.

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Viveiro di estar esperando a creación da comisión que estude o proxecto “Viveiro Ciclábel” presentado polos nacionalistas. A comisión de estudo fora proposta polos mesmo BNG para “consensuar entre todas e todos as principais liñas de actuación”.

Apuntan que a comisión “fora prometida pola alcaldesa na sesión plenaria na que votou en contra da proposta (Viveiro Ciclábel) e que en febreiro de 2021 volvía dicir que estaban a favor, pero que aínda non puideran creala”.

O BNG considera “sorprendente que o concello de Viveiro, que aprobou no 2019 unha moción sobre o recoñecemento do estado de emerxencia climática e que incluía unha serie de medidas propostas polo BNG, continúe á cola da mobilidade en bicicleta, sendo isto un dos principais eixos de transformación urbana da última década”.

Desde o Bloque viveirense piden convocar na maior brevidade ao equipo de goberno, unha Comisión de estudo e seguemento para acordar liñas de actuación que favorezan un Viveiro ciclábel.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...