InicioOccidentalViveiroO Concello de Viveiro facilita autobuses para quen queira asistir á manifestación...

O Concello de Viveiro facilita autobuses para quen queira asistir á manifestación en Santiago pola sanidade pública

"Faltan médicos, faltan medios, faltan pediatras que atendan aos nosos cativos e así non se pode ofrecer un servizo digno”, subliña a alcaldesa, María Loureiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro súmase e apoia as reivindicacións da Plataforma na Defensa da Sanidade Pública, que convocou unha nova manifestación para este domingo, 12 de febreiro, ás 12:00 horas na Alameda de Santiago.

Para facilitar a participación dos veciños e veciñas da vila, o concello pon a disposición dos interesados autobuses para acudir á manifestación.

“O desmantelamento da Sanidade Pública é un problema moi grave que afecta ao noso día a día dende hai tempo, pero que se agravou aínda máis coa supresión da Área Sanitaria. Faltan médicos, faltan medios, faltan pediatras que atendan aos nosos cativos e así non se pode ofrecer un servizo digno”, subliña a alcaldesa, María Loureiro.

Os autobuses sairán o domingo ás 09:00 horas da estación de autobuses.

Os veciños e veciñas interesadas poden apuntarse no Concello chamando ao teléfono 982 560 128 ou acudindo presencialmente ao Concello.

O prazo para apuntarse remata o venres, día 10, ás 12:00 horas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...