Presentado o programa da Festa do Entroido da Asociación de Veciños Camiño de Galdo

“Quero aproveitar para transmitir a miña gratitude e parabéns ás numerosas persoas que traballan para dinamizar a vida social e cultural de Galdo”, engadiu a alcaldesa María Loureiro.


A Asociación de Veciños Camiño de Galdo presentou esta mañá, xunto á alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, o programa da Festa do Entroido que organiza coa colaboración do Concello.

A cita na parroquia viveirense ten o seu día grande o 25 de febreiro, xornada na que celebrará o Sábado de Piñata cunha festa que inclúe a actuación do Grupo Folixa de Asturias.

“Dende o Concello temos a responsabilidade e a obriga de apoiar ás iniciativas que xorden dende as Asociacións Veciñais como é o caso desta cita tan arraigada na parroquia de Galdo”, subliña a rexedora.

“Quero aproveitar para transmitir a miña gratitude e parabéns ás numerosas persoas que traballan para dinamizar a vida social e cultural de Galdo”, engadiu María Loureiro.

Dende as 22:30 horas comezará unha festa de entrada libre na que non faltarán os concursos de disfraces tanto individuais, como por parellas e grupos, así como as lambetadas e doces propios desta época de entroido.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here