InicioOccidentalViveiroEnquisa entre a veciñanza de Viveiro para a candidatura á convocatoria de...

Enquisa entre a veciñanza de Viveiro para a candidatura á convocatoria de sustentabilidade turística

O cuestionario busca recadar a opinión da veciñanza e do sector turístico sobre as accións prioritarias que se deben levar a cabo e que deben ser viables técnica e economicamente.

Publicada o

- Advertisement -

. O Concello de Viveiro impulsa unha enquisa enmarcada no proceso participativo paralelo á redacción do documento de Plan de Sostibilidade Turística en Destino de Viveiro. Esta iniciativa, promovida dende o goberno local, ten como obxectivo presentar unha candidatura á Convocatoria Extraordinaria de Plans de Sostibilidade Turística en Destinos deste ano 2023, aberta pola Secretaría de Estado de Turismo.

O cuestionario busca recadar a opinión da veciñanza e do sector turístico sobre as accións prioritarias que se deben levar a cabo e que deben ser viables técnica e economicamente, ademais de estar na liña coas políticas europeas, nacionais e rexionais. A enquisa está dispoñible dende hoxe e ata o próximo domingo 26 de febreiro.

Enlace á enquisa: https://bit.ly/3HWUQjm

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...