InicioOccidentalViveiroReunión entre a alcaldesa de Viveiro e Camiño de Galdo para as...

Reunión entre a alcaldesa de Viveiro e Camiño de Galdo para as a celebración das Maulas

“Quero dar as gracias unha vez máis á Asociación de Veciños Camiño de Galdo e aos establecementos e tabernas da parroquia polo seu traballo para manter viva a tradición da Feira das Maulas”, afirmou a alcaldesa María Loureiro.

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, reuniuse no Concello coa Asociación de Veciños Camiño de Galdo, un encontro que serviu para anunciar a data de celebración da Feira das Maulas e poñer en valor o simbolismo desta tradición con máis de 300 anos de antigüidade.

As Maulas celébranse sempre o segundo domingo do mes de maio, que neste ano 2023 coincide o día 14. Nos últimos tres anos, o Concello ven de organizar integramente esta festa coa colaboración da Asociación Camiño do Galdo debido ó aumento dos costes e aos novos requisitos da feira.

As Maulas naceron hai 300 anos como unha feira franca ou libre, na que os veciños de Galdo vendían aparellos de labranza, gando, pan, viño, panos ou froita. Foi en 1721 cando o Real Consejo de Castilla legalizouna a través dunha Real Cédula.

“Quero dar as gracias unha vez máis á Asociación de Veciños Camiño de Galdo e aos establecementos e tabernas da parroquia polo seu traballo para manter viva a tradición da Feira das Maulas”, afirmou María Loureiro, quen describiu a cita non só como “un mercado, senón tamén un lugar de encontro e un acontecemento social”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...