InicioOccidentalViveiroViveiro presenta as actuacións levadas adiante no parque Pernas Peón para "que...

Viveiro presenta as actuacións levadas adiante no parque Pernas Peón para “que non se falte á verdade”

O Concello de Viveiro prevé continuar co plan integral de actuación no parque Pernas Peón con accións como a plantación do céspede e doutras catro árbores, que se farán na primavera.

Publicada o

- Advertisement -

. O Concello de Viveiro quere aclarar e explicar aos veciños e veciñas as actuacións levadas a cabo no parque Pernas Peón tras as críticas vertidas polos membros do grupo municipal de Por Viveiro. Trátase dun proxecto amplo e ambicioso, no que se contemplan varias zonas de actuación, preservando a esencia tradicional do parque, cunha superficie total de tres hectáreas, co obxectivo final de mellorar a calidade deste espazo verde. Polo momento, a primeira actuación levada a cabo en febreiro de 2022 foi a realización do proxecto por parte da empresa lucense Landelar-Diseño de Espacios Verdes.

En abril do mesmo ano, o equipo redactor enviou a separata da Zona 5 para encaixar o sobrante do importe do proxecto segundo o acordado en Por Viveiro. Nese momento, o Concello púxose en contacto coa empresa para realizar as actuacións, pero por volume dos seus propios traballos, foille imposible realizalos até decembro. Nese mes fíxose unha primeira plantación e entutorado de 14 árbores de diferentes especies.

Deste xeito, execútanse unha parte das actuacións contempladas na zona sueste, para o que, primeiramente, se procedeu á retirada do mobiliario existente que se atopaba en mal estado (bancos e mesas). Esta era a zona que se atopaba máis despoboada, tras a tala que se levou a cabo no seu día por motivos de seguridade.

“Parece que Por Viveiro leva xa tempo en campaña electoral”, subliña Jesús Fernández, primeiro tenente de alcalde de Viveiro e concellero de Facenda, que insiste en que “se está faltando a verdade” á hora de falar de “falta de programación e de proxecto” con respecto a esta zona. “Non é verdade o cálculo que fan do gasto de cada árbore”, engade.

O coste da plantación varía segundo a especie variando dende os 159 euros de cada roble aos 57 do castaño ao que se engade os gastos da retirada do mobiliario (1.598,89€) ou o entutorado (296,52€). A factura total ascende ata os 5.035,66€ cos conceptos derivados deste tipo de procedementos.

“Parece mentira que se cheguen a estas argucias porque Por Viveiro é perfectamente coñecedor do proxecto que existe para o parque xa que foron informados no seu momento e contan, ademais, cunha copia del”, afirman dende o Concello.

O Concello de Viveiro prevé continuar co plan integral de actuación no parque Pernas Peón con accións como a plantación do céspede e doutras catro árbores, que se farán na primavera. De feito progresivo, continuarán executándose os traballos contemplados no proxecto, que se divide en cinco zonas, un camiño principal e unha praza central. A intención é realizalo en fases a medida que se dispoña de liquidez orzamentaria. Neste senso, a intención é poder incluir unha partida da subvención procedente dos fondos Next Generation que se están en trámites de solicitar. O grupo de goberno detalla que o importe completo previsto para o plan do parque Pernas Peón é de 1.268.028,77€.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...