InicioOccidentalViveiroO Concello de Viveiro reunirase o mércores con traballadores e a empresa...

O Concello de Viveiro reunirase o mércores con traballadores e a empresa FCC

O Concello de Viveiro transmite o seu apoio aos traballadores e fará todo o posible para que non cheguen á folga e que se logre un acordo.

Publicada o

- Advertisement -

Ante o anuncio de folga realizado no día de hoxe por parte dos traballadores da empresa FCC Medio Ambiente SAU, por parte do goberno municipal quérese informar que o Concello de Viveiro ten convocada unha reunión, que terá lugar o vindeiro mércores, no que estarán presentes representantes da empresa e dos traballadores. Tras a licitación pública realizada, á que se presentaron 5 empresas, FCC Medio Ambiente SAU resultou adxudicataria do servizo de recollida de residuos e limpeza viaria, empezando a prestación do servizo en xuño de 2022.

Os traballadores da empresa Cespa Ferrovial, que prestaba o servizo anteriormente, foron subrogados. A estes traballadores, durante dous anos, non se lles actualizou o convenio, iniciando as negociación con FCC aproximadamente no mes de novembro. As partes xa mantiveron varias reunións. Asemade, o Concello de Viveiro tamén tivo reunións ao respecto, por un lado, coa empresa, e, por outro lado, cos representantes dos traballadores.

Ante esta situación, o Concello de Viveiro convoca unha reunión conxunta con todos o vindeiro mércores, con intención de buscar unha solución ao problema existente. O Concello de Viveiro transmite o seu apoio aos traballadores e fará todo o posible para que non cheguen á folga e que se logre un acordo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...