InicioOccidentalViveiroViveiro celebrará a cea-baile polo Día da Muller o 11 de febreiro

Viveiro celebrará a cea-baile polo Día da Muller o 11 de febreiro

“Esta cea supón un acto de unión e de solidariedade entre as mulleres de Viveiro”, subliña a alcaldesa, María Loureiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro, a través da Concellería de Muller e o Centro de Información ás Mulleres (CIM), celebra o próximo 11 de marzo a tradicional Cea-Baile de Irmandade con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller.

Esta iniciativa, que se viña celebrando dende os últimos 17 anos pero que foi suspendida nas últimas dúas edicións por mor da pandemia, supón un punto de encontro entre as mulleres de Viveiro fomentando as relacións sociais e o seu tempo de lecer.

“Esta cea supón un acto de unión e de solidariedade entre as mulleres de Viveiro”, subliña a alcaldesa, María Loureiro. “Cremos que é moi importante celebrar esta Cea-Baile. Dende a Concellería da Muller vémolo como un paso importante para estar unidas e loitando porque se faga xustiza por un mundo realmente igualitario”, engade a concelleira de Muller, Lara Fernández Fernández-Noriega.

A cita será o sábado 11 de marzo no Restaurante Louzao (Area-Viveiro) a partir das 22:00 horas. O custo será de 50 euros e as reservas pódense facer a través dos teléfonos 982 56 09 44 e 629 60 87 25.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...