InicioOccidentalViveiroO Concello de Viveiro poñerá autobuses para asistir á manifestación do 8...

O Concello de Viveiro poñerá autobuses para asistir á manifestación do 8 de Marzo en Ribadeo

A marcha conmemora o Día Internacional das Mulleres, sairá ás 20:00 horas do Aparcadoiro público na rotonda do IES Dionisio Gamallo Fierros de Ribadeo.

Publicada o

- Advertisement -

A Concellería de Muller e o Centro de Información ás Mulleres do Concello de Viveiro facilitan autobuses a todos os veciños e veciñas interesados en acudir á Manifestación Feminista convocada por mulleres de varios colectivos o 8 de marzo en Ribadeo.

A marcha, que baixo o lema “Feminismo día a día polos nosos dereitos, polas nosas vidas” conmemora o Día Internacional das Mulleres, sairá ás 20:00 horas do Aparcadoiro público na rotonda do IES Dionisio Gamallo Fierros de Ribadeo.

Os autobuses sairán da Estación de Autobuses de Viveiro o día 8 ás 18:00 horas e regresarán ás 22:00 horas.

Os interesados en participación na Manifestación Feminista en Ribadeo deberán anotarse no CIM VIVEIRO a través dos teléfonos: 982 88 84 19 e 982 55 04 21. O prazo para inscribirse remata o próximo luns, día 6 de marzo, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

ACISA Ribadeo suma case 30 novos asociados en 2023

Acisa Ribadeo suma case 30 novos negocios asociados neste ano 2023, cifra record de...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...