InicioOccidentalViveiroViveiro recolle a opinión cidadá sobre a súa candidatura para os plans...

Viveiro recolle a opinión cidadá sobre a súa candidatura para os plans de sustentabilidade turística

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro impulsa a difusión dunha enquisa dirixida en exclusiva á cidadanía, enmarcada no proceso participativo paralelo á redacción do documento de Plan de Sostibilidade Turística en Destino de Viveiro.

O cuestionario forma parte das accións promovidas dende o goberno local de cara a presentar a súa candidatura á Convocatoria Extraordinaria de Plans de Sostibilidade Turística en Destinos deste ano 2023, aberta pola Secretaría de Estado de Turismo.

Co citado cuestionario búscase recadar a opinión dos cidadáns sobre as acciones prioritarias a levar a cabo. Todas elas deben ser viables técnica e economicamente, ademais de estar na liña coas políticas europeas, nacionais e rexionais. A enquisa estará dispoñible dende hoxe ata este sábado día 4 de marzo. Enlace á enquisa: https://bit.ly/41BcLFd

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...