InicioOccidentalViveiroViveiro presenta o programa de actividades a favor da igualdade para o...

Viveiro presenta o programa de actividades a favor da igualdade para o 8M

"O obxectivo e o deber das institucións é ofrecer aos cidadáns unha sociedade máis xusta e mellor”, subliña a alcaldesa, María Loureiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro propón un amplo programa de actividades para impulsar a igualdade real con motivo da celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller. A primeira cita será este domingo, día 5. O Teatro Pastor Díaz acolle, a partir das 19:00 horas, a actuación de Margarida Mariño que serve para pechar o ciclo de Concertos “Con Voz de Muller 8-M” que por segundo ano organiza a Deputación de Lugo.

O mércores día 8, o Concello de Viveiro súmase ás reivindicacións do Día Internacional da Muller apoiando á Manifestación que percorrerá as rúas de Ribadeo dende as 20:00 horas e facilitando autobuses para toda a veciñanza interesada en acudir.

“Reafirmamos o noso compromiso nunha loita pola igualdade entre homes e mulleres á que lle quedan aínda moitos pasos por dar. O obxectivo e o deber das institucións é ofrecer aos cidadáns unha sociedade máis xusta e mellor, e dende o Concello de Viveiro traballamos cada día para poder lograr que sexa unha realidade”, subliña a alcaldesa, María Loureiro.

Tralo acto do 8M, serán os alumnos de 5.º de Primaria dos Centros de Ensino de Viveiro os protagonistas do obradoiro “Radio en Igualdade” que se realizará no Teatro Pastor Díaz entre as 9:00 e as 14:00 horas. Ademais, do 10 ao 29 deste mes de marzo, a Sala Multiusos do Concello acolle a exposición fotográfica “Eu muller, ti cómplice, elas loitadoras” de Aspanane. Continuarán as propostas do Concello o mércores día 15 coa presentación oficial do Selo de Correos dedicado a Maruja Mallo dentro da serie “Mujeres en el Arte”.

Por outra banda, ata o día 18 a sala da Biblioteca Municipal manterá aberta a Exposición do VIII Concurso de debuxo escolar “Mamá Traballadora”, e tamén ese día remata a Exposición do Concurso de fotografía amateur “Mulleres e Traballos” que acollen os comercios adheridos ao Casco Histórico de Viveiro.

O compromiso na loita pola igualdade que impulsa o Concello de Viveiro mantense durante todo o ano, e como exemplo o obradoiro “Educando na boa Sexualidade” que se imparte ata abril entre o alumnado do IES de Viveiro, ou as actividades do Clube de Lectura “En Feminino” que chega ata maio e no que participa a actriz Estíbaliz Veiga.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...