InicioOccidentalViveiroPresentado o cartel da Semana Santa de Viveiro

Presentado o cartel da Semana Santa de Viveiro

“É emocionante pensar que xa queda tan pouco para vivir nas rúas de Viveiro o sentimento que acompaña sempre á nosa Semana Santa”, subliñou no acto a alcaldesa, María Loureiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro acolleu hoxe o acto de presentación do cartel da Semana Santa 2023 e do programa Adral, antesala da celebración relixiosa que reúne diferentes concertos, exposicións e conferencias.

“É emocionante pensar que xa queda tan pouco para vivir nas rúas de Viveiro o sentimento que acompaña sempre á nosa Semana Santa”, subliñou no acto a alcaldesa, María Loureiro.

“Quero animar a todos os cofrades e colaboradores da Semana Santa a retomar un ano máis a tradición máis antiga que ten Viveiro, arrimando todos o ombreiro para seguir consolidando esta celebración”, afirmou a rexedora.

“Para vivir de novo con todas as súas tradicións a Semana Santa de Viveiro, a Xunta de Cofradías traballa desde hai meses de forma incansable, polo que nunca lles estaremos o suficientemente agradecidos”, engadiu María Loureiro.

No acto desvelouse o cartel deste ano, que recolle unha imaxe do Ecce-Homo da Misericordia entrando pola Porta de Carlos V, unha fotografía obra do viveirense Saúl Jiménez, nomeado de novo este 2023 aos premios Goya da fotografía profesional.

A Semana Santa do 2023 en Viveiro será aínda máis especial coa celebración o Domingo de Ramos do 75 aniversario do paso da entrada triunfal de Xesús en Xerusalén, coñecida popularmente como A Borriquita, que saíu por primeira vez polas rúas da vila en 1948.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...