InicioOccidentalViveiroViveiro presenta un proxecto para os Fondos Next Generation baseado no "turismo...

Viveiro presenta un proxecto para os Fondos Next Generation baseado no “turismo sustentable”

Trátase dunha convocatoria extraordinaria na que se subvencionaría o 100% do proxecto, chamado ‘Viveiro histórico e familiar’ e cun orzamento de dous millóns de euros.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro solicitou unha subvención para elaborar un Plan de Sostenibilidade Turística en Destino para a vila, dentro dunha convocatoria aberta polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo con fondos Next Generation.

Trátase dunha convocatoria extraordinaria na que se subvencionaría o 100% do proxecto, chamado ‘Viveiro histórico e familiar’ e cun orzamento de dous millóns de euros. Nos vindeiros meses sairá unha convocatoria ordinaria, á que tamén vai optar o concello, presentando accións complementarias ás presentadas nesta convocatoria extraordinaria.

Para a elaboración deste proxecto levouse a cabo un proceso de participación cidadá, a través de enquisas, e unha reunión co sector turístico, para que tanto os cidadáns como o propio sector puidesen realizar as súas achegas.

“O obxectivo é potenciar Viveiro como un destino turístico modernizado e sostible conectando ao visitante coa natureza e o patrimonio cultural costeiro; reforestando e rexenerando espazos naturais, apostando por experiencias de realidade virtual do patrimonio histórico, así como o deseño de novos roteiros de sendeirismo que dinamicen o municipio e eviten a estacionalidade”, explica a alcaldesa, María Loureiro.

“Queremos formentar xeración dun modelo de turismo con identidade propia ofrecendo actividades vinculadas á natureza, o patrimonio e o turismo familiar. Este proxecto nace dunha necesidade de modernizar o sector turístico de Viveiro e facer del un destino sostible e atractivo, á vez que se transforma a oferta turística existente logrando así a desestacionalización da actividade turística e a inclusión de actividades turísticas de natureza, familiares e culturais nun destino costeiro”, engade.

Ao longo do desenvolvemento deste proxecto contempláronse diferentes actuacións, todas elas de moita relevancia, pero lamentablemente, atendendo aos requisitos da propia convocatoria, non se puideron incluír todos os que lle gustaría ao concello e sería interesante levar a cabo.

O proxecto contempla catro eixos de actuación:

Transición verde e sostible: reforestación do Parque Pernas Peón e a súa apertura á praia e ao paseo marítimo; exeneración ambiental da praia de Covas; creación de rutas de senderismo nas zonas das marismas do Landro, e mellora do abastecemento da auga.

Mellora da Eficiencia enerxética: instalación de puntos de carga para vehículos eléctricos; implementación dun sistema de préstamo de bicicletas, e 1ª fase do carril bici de Viveiro.

-Transición dixital: proxecto de recreación en realidade virtual do Viveiro Patrimonial co seu soporte para App e Web; actuación, mellora e accesibilidade da páxina web e da App de turismo, e dixitalización de folletos e información turística.

Competitividade; reubicación, arranxo, adaptación de accesibilidade e cuberta do Parque Infantil de Lodeiro para poder ser utilizado tanto en días de chuvia como de moito sol; mellora da sinalización turística do municipio; mellora da accesibilidade da praia de Covas; posta en valor dos restos das baterías militares existentes na ría, ubicadas na Atalaia de Celeiro e na Insua; campaña de marqueting para a promoción do concello, e oficina de xestión para xestionar o propio plan.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...