InicioOccidentalViveiroViveiro inaugura a exposición de fotografía "Eu muller, ti cómplice, elas loitadoras"

Viveiro inaugura a exposición de fotografía “Eu muller, ti cómplice, elas loitadoras”

O acto inaugural, dirixido por usuarias do Centro Ocupacional de Aspanane, contou coa presenza da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, xunto á secretaria xeral da Consellería de Igualdade da Xunta, Susana López Abella.

Publicada o

- Advertisement -

O salón multiusos do Concello de Viveiro acolleu esta mañá a presentación da exposición fotográfica “Eu Muller, ti cómplice, elas loitadoras” organizada por Aspanane e enmarcada dentro do programa das celebración por mor do Día Internacional da Muller.

A exposición itinerante pretende concienciar e sensibilizar á poboación sobre a reivindicación de dereitos que realizan no seu día a día as mulleres con discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento para lograr participar e incluírse na sociedade, ao tempo que conseguen que máis persoas sexan cómplices nesta procura da plena igualdade e cidadanía.

O acto inaugural, dirixido por usuarias do Centro Ocupacional de Aspanane, contou coa presenza da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, xunto á secretaria xeral da Consellería de Igualdade da Xunta, Susana López Abella.

“Estou moi agradecida e satisfeita de que a nosa vila acolla exposicións e actividades como esta que hoxe estamos a presentar, porque axudan a visibilizar a loita diaria das mulleres con discapacidade intelectual ou de mobilidade na promoción da súa plena cidadanía”, subliñou a rexedora de Viveiro, que renovou o compromiso do grupo de goberno do Concello con todo tipo de “iniciativas que sirvan para visibilizar, sensibilizar e tamén con accións que ofrezan oportunidades a todas as persoas”.

A exposición “Eu Muller, ti cómplice, elas loitadoras” permanecerá aberta ata o 29 de marzo.

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

ACISA Ribadeo suma case 30 novos asociados en 2023

Acisa Ribadeo suma case 30 novos negocios asociados neste ano 2023, cifra record de...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...