InicioOccidentalViveiroRecibimento en Viveiro ao seu veciño e campión de Europa dos 800...

Recibimento en Viveiro ao seu veciño e campión de Europa dos 800 metros, Adrián Ben

Aproveitando a recepción, Adrián Ben firmou unhas tarxetas conmemorativas confeccionadas polo Concello no que se recolle a exitosa traxectoria do atleta.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro organizou esta mañá unha recepción ao deportista viveirense Adrián Ben, que acaba de proclamarse campión de Europa de 800 metros en pista cuberta. No acto, ademais dos representantes municipais, estiveron presentes veciños e veciñas, mostrando o seu aprecio polo atleta local.

Alén dos éxitos deportivos, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, eloxiou o cariño que Adrián Ben mostra cara a súa vila “presume de viveirense alá a onde vai e gañe o que gañe”.

“Ten talento e condicións, pero sobre todo ten espírito de traballo e ambición para loitar polos seus soños. Xente coma el e na que os tendes que fixar e a que tendes que admirar”, sinalou a rexedora durante o acto de recibimento ao atleta.

Adrián Ben foi nomeado recentemente fillo predilecto da vila de Viveiro, en recoñecemento á súa carreira deportiva e, en particular, aos seus éxitos nos Xogos Olímpicos de Tokio. Aproveitando a recepción, Adrián Ben firmou unhas tarxetas conmemorativas confeccionadas polo Concello no que se recolle a exitosa traxectoria do atleta.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...