InicioOccidentalViveiroSatisfacción no goberno local de Viveiro tras o acordo entre traballadores e...

Satisfacción no goberno local de Viveiro tras o acordo entre traballadores e a empresa FCC

“Trátase dunha boa nova para este colectivo e tamén para toda a vila, que contará con servizo de limpeza nunhas festas tan especiais na nosa vila como é a Semana Santa”, engade María Loureiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro amosa a súa satisfacción polo acordo ao que chegaron os representantes dos traballadores e da empresa FCC Medio Ambiente, que supón a desconvocatoria da folga de limpeza e recollida de residuos prevista para Semana Santa.

Na reunión celebrada esta mañá coa mediación da alcaldesa, María Loureiro, os representantes dos traballadores e da empresa adxudicataria do servizo de recollida de residuos e limpeza acordaron a actualización do convenio colectivo, pendente dende hai dous anos.

“Estamos realmente satisfeitos de que se chegara a este acordo, que cumpre coas reivindicacións dos traballadores”, subliña a alcaldesa de Viveiro. “Trátase dunha boa nova para este colectivo, que ve recoñecidos os seus dereitos, e tamén para toda a vila, que contará con servizo de limpeza nunhas festas tan especiais na nosa vila como é a Semana Santa”, engade María Loureiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...