O Concello de Viveiro adhírese á conmemoración do Día da Endometriose e tinguirá esta noite a porta de Carlos V de cor amarelo para dar visibilidade a unha patoloxía que afecta á saúde e á calidade de vida de moitas mulleres.
Da man da Asociación querENDO Mulleres con endometriose, o grupo de goberno solidarizase un ano máis con esta doenza que afecta a unha de cada dez mulleres en idade fértil do concello viveirense.
“Dende o Concello de Viveiro unímonos de novo á labor que está levando a cabo a Asociación querEndo para dar visibilidade a unha doenza que afecta ao 10 % das mulleres en idade fértil en todo do mundo, pero falta crear conciencia sobre ela e sobre a necesidade da súa diagnose”, subliña a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
Ata 60.000 galegas sofren de endometriose e a celebración deste Día serve para facer un chamamento sobre a importancia das revisións periódicas xinecolóxicas e a obtención dunha diagnose concreta.
Trátase dunha enfermidade que non ten cura, pero si conta con tratamentos para os seus efectos adversos.