InicioOccidentalViveiroConcello de Viveiro abre unha zona de recollida de bolsas de plástico...

Concello de Viveiro abre unha zona de recollida de bolsas de plástico dentro do Globo Marruán

O proxecto do Globo Marruán permite recuperar a historia de Viveiro ao tempo que traballa en valores como a cooperación e a conciencia medioambiental.

Publicada o

- Advertisement -

. O Concello de Viveiro súmase á nova iniciativa do Globo Marruán, o proxecto que naceu hai catro anos da man da Asociación Pratodo. O seu obxectivo é recuperar a historia real de Marruán, o barbeiro viveirense que entre 1892 e 1910 coordinou á poboación para crear un globo aerostático con material de refugallo da época.

Xunto á labor divulgativa e didáctica desenvolvida en diferentes colexios e con distintos obradoiros, os seus impulsores buscan tamén a colaboración cidadán en cada uno dos pasos previos de cara a facer voar o Globo Marruán.

O Concello de Viveiro, promotor deste proxecto colectivo e inclusivo dende o seu nacemento, colaborará na recompilación de bolsas de plástico habilitando dende mañá, día 15, e ata o día 31 de marzo un espazo para a súa recollida.

Os seguintes pasos serán cortar as bolsas e unilas con cinta adhesiva e co-crear o Museo Aerosolar e unha exposición. O proxecto do Globo Marruán permite recuperar a historia de Viveiro ao tempo que traballa en valores como a cooperación e a conciencia medioambiental.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...