InicioOccidentalViveiroA alcaldesa de Viveiro participará no 'XV Foro Comunicación y Escuela' en...

A alcaldesa de Viveiro participará no ‘XV Foro Comunicación y Escuela’ en Oviedo

“Sentímonos moi orgullosos de que Viveiro forme parte deste proxecto que busca por en valor a riqueza cultural, económica e social dos pobos”, subliña María Loureiro.

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, participará o próximo mércores, 22 de marzo, na presentación do XV Foro Comunicación y Escuela de 2023 que se levará a cabo na Junta General do Principado de Asturias en Oviedo.

O Concello de Viveiro colaborará intensamente na decimoquinta edición deste programa, que dende o 2009 desenvolve o Instituto de Educación Secundaria “Elisa y Luis Villamil” de Vegadeo, co que comparte o obxectivo de lograr a igualdade de oportunidades da xuventude que estudia no medio rural.

Así, o próximo 1 de xuño, a vila acolle a actividade “Vegadeo-Viveiro: unidos por el tren”, que atraerá a 45 estudantes de 1.º de Educación Secundaria, xunto aos seus profesores e ao alcalde de Vegadeo, para desfrutar dunha xornada que incluirá diferentes actos.

“Sentímonos moi orgullosos de que Viveiro forme parte deste proxecto que busca por en valor a riqueza cultural, económica e social dos pobos”, subliña María Loureiro.

“Dende o Concello de Viveiro cremos firmemente no papel dos nosos mozos como axentes do cambio social e por iso estamos moi contentos tamén co labor que desenvolve o noso Grupo de Participación Xuvenil, que nos serve de canle entre a mocidade da vila e a administración municipal”, engade a rexedora.

Dende o 2009, ano da súa primeira edición, o XV Foro Comunicación y Escuela desenvolveu 763 accións en diferentes puntos de España e do estranxeiro ademais de contar coa presenza como poñentes de persoeiros como José Manuel Blecua, director da Real Academia Española de la Lengua, Miguel Falomir, director do Museo del Prado, o cantante Víctor Manuel, a científica e investigadora Margarita Salas, xunto a destacadas figuras da política, da sociedade e do deporte.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...