InicioOccidentalViveiroO selo de Correos dedicado a Maruja Mallo presentado en Viveiro

O selo de Correos dedicado a Maruja Mallo presentado en Viveiro

A emisión deste selo inclúese dentro da serie “Mujeres en el arte” e pertence á colección de #8MTodoElAño dedicada a mulleres emblemáticas na loita pola igualdade.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro acolleu esta mañá a presentación do selo dedicado á viveirense Maruja Mallo, unha das grandes expoñentes do cubismo e o surrealismo en España ademais dunha firme defensora dos dereitos das mulleres.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, presidiu o acto no que tamén estiveron presentes a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega; a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez; o deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas; ademais do cronista oficial de Viveiro, Carlos Nuevo, e a directora de Filatelia de Correos, Leíre Díez.

“Son moitas as propostas que se poden facer na loita pola participación da muller dentro da sociedade, pola súa emancipación e o seu desenvolvemento pleno como persoa. Todas axudan e todas son importantes. Falar da figura de Maruja Mallo a través dun selo é unha delas”, aplaudiu María Loureiro.

A emisión deste selo inclúese dentro da serie “Mujeres en el arte” e pertence á colección de #8MTodoElAño dedicada a mulleres emblemáticas na loita pola igualdade.

O selo dedicado a Maruja Mallo terá unha tirada da 125.000 obras e tanto o mataselo como o sobre estarán a disposición de todos os interesados na Oficina de Correos de Viveiro. Tamén se pode adquirir a través de Correos Market, contactando co Servicio Filatélico no e-mail atcliente.filatelia@correos.com ou chamando ao 915 197 197.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...