InicioOccidentalViveiroViveiro comezará o 24 de marzo a vender abonos do Resurrection Fest...

Viveiro comezará o 24 de marzo a vender abonos do Resurrection Fest aos empadroados na vila

O goberno municipal agradece deste xeito a colaboración da cidadanía ante as posibles incomodidades derivadas dun evento que atrae unha gran cantidade de público a Viveiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro informa que dende o próximo venres, 24 de marzo, comeza a venda das entradas do Resurrection Fest para os empadroados e empadroadas na vila mantendo os prezos da pasada edición.

Como cada ano, todos aqueles veciños e veciñas que desexen asistir ao Resurrection Fest teñen o desconto do 50% grazas ao acordo que o Concello de Viveiro ten coa organización do festival.

O goberno municipal agradece deste xeito a colaboración da cidadanía ante as posibles incomodidades derivadas dun evento que atrae unha gran cantidade de público a Viveiro dinamizando o sector comercial e hostaleiro da vila.

As entradas poderanse comprar todos os venres, de 9:00 a 11:00 horas e de 12:00 a 14:00 horas no Claustro de San Francisco (1.ª planta). Os prezos para esta edición, a máis grande da historia, mantense con respecto ao ano pasado sendo 79€ para as entradas normais e 149€ para as Pandemonium.

A iniciativa, impulsada polo Concello de Viveiro e Bring The Noise, so inclúe abonos personais, intransferibles, aos que só poden acceder persoas que figuren no censo. Non se poderán ceder a terceiros nin a compra de máis dun abono por persoa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...