Viveiro pechará a Avenida de Cervantes durante unha semana por obras de renovación do firme

Aínda que estará debidamente sinalizado, non se poderá estacionar durante este período na rúa Rego das Frores para facilitar a circulación nese tramo.


O Concello de Viveiro comezará o luns, día 20 de marzo, unhas obras de renovación e mantemento do firme na avenida de Cervantes. Debido a estes traballos, desde o luns a primeira hora e polo menos durante unha semana, a avenida de Cervantes permanecerá pechada ao tráfico.

Como percorrido alternativo, habilitarase un desvío provisional a través de avenida Benito Galcerán e Rego das Flores, que estará regulado por semáforos de obra.

Aínda que estará debidamente sinalizado, non se poderá estacionar durante este período na rúa Rego das Frores para facilitar a circulación nese tramo.

O Concello de Viveiro agradece a colaboración veciñal e pide desculpas de antemán polas molestias ocasionadas.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here