InicioOccidentalViveiroObras en Viveiro para mellorar o firme na rede de saneamento das...

Obras en Viveiro para mellorar o firme na rede de saneamento das Pallaregas

Tamén se executará a substitución da rede de abastecemento de auga na parte do vial principal, debido ao seu deterioro e dotarase de formigón nas zonas onde existen máis edificacións.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro comezou a execución das diferentes obras de mellora nas Pallaregas. Os traballos, incluídos dentro do Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2022 da Deputación de Lugo, consisten na reposición do firme do vial denominado pista Ponte Feve-Casería, así como parte do ramal do vial pista Vilar de Abaixo-O Rego, que da acceso ás vivendas de Porta Leira, na parroquia de Covas.

O orzamento deste proxecto é de 129.882,11 €. Tamén se executará a substitución da rede de abastecemento de auga na parte do vial principal, debido ao seu deterioro e dotarase de formigón nas zonas onde existen máis edificacións para garantir unha correcta circulación das augas pluviais.

Ademais farase unha sinalización vial, tanto horizontal como vertical. “Dende o Concello de Viveiro seguimos a investir os fondos do Plan Único en obras que melloren as condicións de vida dos nosos veciños e veciñas”, subliña a alcaldesa de Viveiro María Loureiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...