InicioOccidentalViveiroMiriam Bermúdez será a candidata do BNG no Concello de Viveiro

Miriam Bermúdez será a candidata do BNG no Concello de Viveiro

Míriam Bermúdez confirma que "en breve presentaremos a candidatura completa coa que concurriremos ás eleccións de maio".

Publicada o

- Advertisement -

O BNG presentou a Míriam Bermúdez como candidata á alcaldía en Viveiro. A mesma Bermúdez di estar «preparada para gobernar».

“Forza, enerxía e confianza é o que sinto polo apoio recibido” manifestou Míriam Bermúdez tras ser elixida por unanimidade para encabezar a lista do BNG de Viveiro nunha asemblea na que asegurou que “só se respiraba positivismo e seguridade”.

Míriam Bermúdez é veciña de Verxeles, en Xunqueira, e mestra de profesión. Na actualidade traballa no CEIP de Celeiro onde exerce como Directora do centro.

A candidata á alcaldía agradeceu o forte apoio recibido na asemblea asegurando que foi “o traballo realizado durante estes 4 anos o que fai que a xente confíe, pois demostra que temos proxecto, que estamos preparadas para gobernar.”

A asemblea do Bloque está convencida do gran avance que terá o BNG nas vindeiras eleccións, cunha muller á cabeza chea de vitalidade, gañas de traballar e o compromiso polo que sempre destacou Míriam Bermúdez que, cando se decide por algo, implícase totalmente. Puxeron en valor, o potencial da que até agora foi a única concelleira do BNG, quen demostrou ser unha muller solvente e cunha grande capacidade de xestión.

Míriam Bermúdez confirma que “en breve presentaremos a candidatura completa coa que concurriremos ás eleccións de maio; estamos ultimando detalles e organizando a gran colaboración coa que contamos. Apostamos por novas caras que lle darán un xiro á corporación municipal, hai que cambiar a situación actual e facer avanzar Viveiro cun modelo do século XXI.”

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...