InicioOccidentalViveiroMaría Loureiro agradece que Viveiro forme parte do programa 'XV Foro Comunicación...

María Loureiro agradece que Viveiro forme parte do programa ‘XV Foro Comunicación y Escuela’

Baixo o lema "El valor del medio rural", o Instituto de Educación Secundaria "Elisa y Luis Villamil" de Vegadeo impulsa un ano máis este proxecto educativo.

Publicada o

- Advertisement -

. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, participou esta mañá na presentación da programación do “XV Foro Comunicación y Escuela 2023” que se celebrou na Junta General do Principado de Asturias, en Oviedo.

Baixo o lema “El valor del medio rural”, o Instituto de Educación Secundaria “Elisa y Luis Villamil” de Vegadeo impulsa un ano máis este proxecto educativo que busca por en valor á comarca asturiana de Oscos-Eo na sociedade.

Nesta edición, o Concello de Viveiro terá un papel protagonista coa visita o próximo 1 de xuño dun grupo de 45 estudantes de 1.º de Educación Secundaria, xunto aos seus profesores e ao alcalde de Vegadeo, para desfrutar da actividade “Vegadeo-Viveiro: unidos por el tren” que incluirá diferentes actos.

A alcaldesa agradeceu aos seus organizadores que elixisen Viveiro para formar parte do programa e aplaudiu a continuidade deste proxecto que, dende o ano 2009, desenvolveu 763 accións en diferentes puntos de España e do estranxeiro ademais de contar coa presenza de destacados poñentes.

María Loureiro insistiu, ademais, en que a educación tamén é unha das prioridades do seu grupo de goberno. “Unha educación que, como defende este Foro, cree na igualdade de oportunidades, sen importar quen es ou onde naceras, e unha educación que facilite as ferramentas e os valores para que a nosa xuventude alcance os seus soños e metas”, subliñou María Loureiro.

A alcaldesa avanzou nesta presentación algunhas das actividades das que poderán desfrutar os escolares de Vegadeo como o paseo polo casco antigo, declarado Conxunto Histórico Artístico, polo porto de Celeiro, un dos portos pesqueiros máis importantes da cornixa cantábrica, ou o traxecto no ViverTren que os levará ata Covas e os seus Castelos.

“Na vosa viaxe en tren descubriredes cantas cousas nos unen, porque a irmandade de asturianos e galegos é un feito, pero tamén estou segura de que haberá cousas que vos sorprenderán”, apuntou María Loureiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...