InicioOccidentalViveiroO Concello de Viveiro súmase á iniciativa "A Hora do Planeta" apagando...

O Concello de Viveiro súmase á iniciativa “A Hora do Planeta” apagando o alumeado dalgúns monumentos durante unha hora

“Dende o Concello de Viveiro unímonos a este xesto simbólico que quere chamar a atención sobre o problema do cambio climático e nos recorda que vivimos nun estado de emerxencia planetaria ao que debemos dar solución entre todos”, afirma a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro súmase mañá, sábado, á iniciativa “A hora do Planeta” da Asociación WWF (Fondo Mundial para la Naturaleza) que convida a apagar o alumeado de edificios públicos e monumentos emblemáticos co obxectivo de demostrar que frear e reverter a perda de biodiversidade e reducir á metade as emisións de C02 para 2030 é posible.

O goberno municipal adhírese a este movemento global apagando as luces da Porta de Carlos V e da Ponte da Misercordia entre as 20:30 e as 21:30 horas.

“Dende o Concello de Viveiro unímonos a este xesto simbólico que quere chamar a atención sobre o problema do cambio climático e nos recorda que vivimos nun estado de emerxencia planetaria ao que debemos dar solución entre todos”, afirma a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro. “Por iso convido tamén aos veciños e veciñas da vila a que se sumen nas súas casas a esta Hora do Planeta”, engade.

Baixo o lema deste ano, “Apaga la luz. Dale una vuelta al Planeta”, a Hora do Planeta 2023 volverá a converterse, como nos últimos 17 anos, na maior mobilización global na defensa do medio ambiente.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...