InicioOccidentalViveiroO Concello de Viveiro pide desculpas á veciñanza polos cortes de luz...

O Concello de Viveiro pide desculpas á veciñanza polos cortes de luz en Lavandeiras

As avarías débense a unhas obras de saneamento e o Concello xa pediu solucións á Xunta por ser quen promove os traballos.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro pide desculpas aos veciños e veciñas de Lavandeiras polos cortes de luz que se están a producir como consecuencia das obras para a mellora do saneamento e informa que se está a buscar unha solución cos responsables da empresa adxudicataria da Xunta, responsable desta actuación.

Dende o grupo de goberno se ten constancia dos cortes de luz que ven sufrindo á veciñanza derivado do manexo da maquinaria tanto á hora de instalar a tubaxe como nos movementos de terra no tanque de tormentas, pero informan que “o concello é totalmente alleo a súa execución”.

“Por parte do concello chamouse unha empresa eléctrica que xa tivo que acudir en varias ocasións a restablecer as liñas de luz. No dia de hoxe ían poñer un trenzado provisional para que deixe de suceder”, subliñan.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...