InicioOccidentalViveiroA alcaldesa de Viveiro pon en valor a traxectoria do Viveiro CG...

A alcaldesa de Viveiro pon en valor a traxectoria do Viveiro CG durante a gala do seu centenario

A entrega de insignias conmemorativas dos cen anos do Viveiro CF ou a presentación das equipacións conmemorativas que lucirá o equipo nos vindeiros meses formaron parte tamén da cita desta tarde en Viveiro.

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, xunto á corporación municipal, participou esta tarde no acto de celebración do centenario do Viveiro C.F., unha gala moi emotiva no que se puxo en valor a historia e a traxectoria do primeiro club da provincia de Lugo en rexistrarse na RFG de Fútbol, no ano 1923, e se adiantaron algunhas das actividades que formarán parte da programación que por mor desta efeméride se levarán a cabo nos próximos días.

O teatro Pastor Díaz acolleu esta cita que contou tamén coa presenza do Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, a sudelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, xunto a antigos directivos, adestradores, xogadores, colaboradores e o público que encheu o recinto.

Presentado polos xornalistas Ignacio Meitín e Millán Gómez, o evento tivo momentos para a nostalxia coa proxección de imaxes e vídeos sobre o pasado dunha entidade que actualmente milita en Terceira División pero que disputou ata cinco fases de ascenso a Segunda B ademais de ver crecer a xogadores que como Pablo Rodríguez, Cayetano Navarrete e Kiko Rey, xunto ao desaparecido Antonio Tarrío, Tombi, chegaron incluso a categorías profesionais.

“Sodes un club histórico no fútbol provincial e galego por historial e traxectoria, pero para nós, a xente de Viveiro, sodes tamén un referente deportivo no que os nosos nenos e nenas se fixan e ao que queren imitar”, destacou a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

O sentido de pertenza á Viveiro, que os veciños e veciñas se sintan orgullosos de ser de Viveiro, é outro obxectivo no que as entidades, as organizacións, os clubs e nós dende o Concello debemos colaborar. Grazas unha vez máis pola vosa aportación neste senso”, engadiu a rexedora que recordou a vontade do Concello en colaborar na programación dos actos previstos neste centenario.

A entrega de insignias conmemorativas dos cen anos do Viveiro CF ou a presentación das equipacións conmemorativas que lucirá o equipo nos vindeiros meses formaron parte tamén da cita desta tarde en Viveiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...