InicioOccidentalViveiroViveiro comeza as obras para unha nova pista de skate na zona...

Viveiro comeza as obras para unha nova pista de skate na zona de Lodeiro

O BNG local cre que o proxecto non é un skatepark en condicións.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro vai iniciar a construción dunha Pista de Skate na zona de Lodeiro, un proxecto que conta cun orzamento base de licitación de 131.000 euros con cargo aos fondos do Plan Único da Deputación de Lugo.

A construción desta pista permitirá á veciñanza dispor dunha nova área de lecer na vila coas medidas de seguridade e técnicas que exixe un espazo destas características, dotado ademais de ramplas con diferentes niveis, obstáculos e distintos elementos patinables.

“Coa construción deste Skatepark damos resposta a un espazo moi demandado polos veciños e veciñas de Viveiro”, subliña a alcaldesa María Loureiro.

“Trátase dun proxecto no que levamos tempo traballando, e xa os anteriores concelleiros de Deportes estiveron avaliando e estudando as posibles localizacións para a súa instalación. Incluso no seu momento, cando a voceira do BNG presentou unha moción para a súa creación, explicóuselle no Pleno que o Concello xa estaba a ultimar os detalles”, engade a rexedora.

“Para poder levar a cabo esta pista foi necesario falar con monitores de skate sobre os elementos que precisaría unha área destas características, con técnicos municipais e con arquitectos expertos na elaboración deste tipo de proxectos. Finalmente valorouse que a mellor localización na vila sería na zona de Lodeiro”, recorda María Loureiro.

POSTURA DO BNG

Míriam Bermúdez, a concelleira do BNG comenta que “o que se ve do proxecto desta construcción lanzado na prensa por Loureiro, non é máis que unha explanada con dúas pequenas elevacións, moi lonxe de ser un skatepark útil e versátil”.

A voceira do BNG no concello apunta que “insistimos e mesmo na propia moción advertíamos da importancia de que esta infraestrutura fora dirixida por especialistas nestas construcións para que non ocorrese o que noutros concellos, como o de Foz”. Bermúdez tamén declarou que persoas expertas din que o proxecto non conta coa calidade idónea e non permite coller impulsos nin a rodaxe continuada.

“É importante planificar e estudar os proxectos” incide a representante local do BNG, “moito máis cando estamos a falar de importantes sumas importantes de diñeiro, non podemos permitirnos improvisar.”

Os nacionalistas lembran que nos últimos anos Viveiro perdeu as pistas da Casa da Xuventude, as pistas de tenis, futbol sala, pádel e baloncesto do Casino e sen lograr avances nas pistas de Lavandeiras. A iso, súmanse problemas na piscina municipal ou falta de mantemento de rutas de sendeirismo e trail din desde o BNG local.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...