InicioOccidentalViveiroViveiro entrega os premios dos concursos de fotografía e debuxo polo Día...

Viveiro entrega os premios dos concursos de fotografía e debuxo polo Día Internacional da Muller

Lara Fernández Fernández-Noriega felicitou aos gañadores e a todas as persoas participantes en ambos certames, "pola súa creatividade e por poñer en valor a labor das mulleres".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro entregou este sábado os premios dos concursos de fotografía amateur ‘Traballos e mulleres’ e de debuxo escolar ‘Mamá Traballadora’, convocados pola Delegación Municipal de Muller e o Centro de Información ás Mulleres de Viveiro, con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller 2023.

O acto tivo lugar na Sala Multiusos do concello coa presenza do tenente de alcalde, Jesús Fernández; a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega; a concelleira Mari Carmen Franco, e Margarita Fernández, representante do CIM.

No certame de fotografía o primeiro premio foi para Paula Cristina Limia Fernández — coa obra “A traballadora silenciosa que cava, corta leña e desbroza” —, o segundo para José Luis Méndez Fernández —“Cortadoras” — e o terceiro, para Paco López López —“Elas” —.

Doutra banda, no concurso de debuxo escolar levaron os seus agasallos e diploma a alumna de 3º de Primaria Nira Vieira Fernández (CEIP de Celeiro); Antón Ventoso Freán (CEIP de Celeiro), de 4º de Primaria; Carla Vieira Rivas (CEIP Plurilingüe Santa Rita Degaldo), de 5º de Primaria e Alejandra Raquel Olivares Alcántara (CPR Landro), alumna de 6º curso.

Lara Fernández Fernández-Noriega felicitou aos gañadores e a todas as persoas participantes en ambos certames, “pola súa creatividade e por poñer en valor a labor das mulleres dentro e fóra do seu ámbito familiar”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...