A Subdelegación do Goberno en Lugo e a Alcaldía de Viveiro supervisaron o dispositio de seguridade para a Semana Santa

O obxectivo é manter a orde pública con dispositivos que "serán flexibles e adaptaranse á afluencia de público prevista"

A alcaldesa María Loureiro acompañada pola subdelegada do goberno, Isabel Rodríguez

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, e a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, copresidiron este mércores a Xunta Local de Seguridade para planificar o dispositivo especial para a Semana Santa de Viveiro, declarada de Interese Turístico Internacional.

Segundo trasladou a Subdelegación do Goberno nun comunicado, na reunión analizouse o calendario de eventos que se desenvolverán no municipio entre os días 1 e 9 de abril para reforzar a vixilancia con axentes de Policía Nacional, Policía Local e Tráfico da Garda Civil.

Deste xeito, o obxectivo é manter a orde pública con dispositivos que “serán flexibles e adaptaranse á afluencia de público prevista”. Estes cubrirán o centro histórico e os percorridos das diferentes confrarías, ademais doutros puntos de interese da localidade.

Nesta liña, Rodríguez resaltou que o Goberno de España “mantén o seu compromiso e sensibilidade cun dos eventos de maior atracción turística” na provincia, xa que “forma parte do acervo cultural”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here