Viveiro informa que o incendio de Vieiro e Galdo está controlado

Tamén se subliña que as dúas persoas que no día de onte tiveron que ser desaloxadas como medida de precaución, xa puideron volver onte pola tarde ás súas vivendas.


O Concello de Viveiro informa que o incendio que se iniciou onte ao mediodía, e que afectou ás parroquias de Galdo e Vieiro, está xa controlado. Debido a situación de alerta metereolóxica por vento, se manteñen os medios de extinción na zona para refrescar e vixiar o perímetro.

Tamén se subliña que as dúas persoas que no día de onte tiveron que ser desaloxadas como medida de precaución, xa puideron volver onte pola tarde ás súas vivendas.

Dende o concello quérese agradecer aos efectivos de Medio Rural, do Parque Comarcal de Bombeiros de Viveiro, Servizo de Proteccion Civil de Viveiro e Voluntarios de Protección Civil, Policía Local de Viveiro, Policía Nacional e Garda Civil, e GES de Cervo o seu grande esforzo e traballo na extinción do incendio.

Tamén se agradece a todos os veciños e veciñas da zona a súa colaboración nas tarefas de extinción.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here